Publicado o

2º Aniversario de deica!

Un ano máis coa chegada da feira da “Aña Urbana” de Pontevedra, chega tamén o aniversario de deica!. Xa que foi xustamente na “Aña” onde as nosas pezas saíron de romaría por primeira vez. Ven a celebralo con nos o Sábado 25 na Praza do Concello.

A Asociación Cultural Trepia organiza este evento cada ano para por en valor e difundir as tradicións vencelladas ós traballos colectivos que se facían no rural polo mes de Abril. A música era un elemento fundamental, acompañando estas tarefas que reunían a varias familias para preparar as terras para a sementeira. Coplas e percusión das ferramentas de traballo dan forma á banda sonora da “Aña”. A “Sachadeira” da nosa nova colección, é unha pequena homenaxe a esas tradicións e ós colectivos que, como Trepia, traballan pola nosa cultura.

promocional feria da aña 2015

Publicado o

Lanzamento nova colección 2015

deica! Crece con cada nova colección. Temos o pracer de presentar as novas ilustracións que nos acompañarán a partir de agora, sumándose as anteriores e formando parte da familia de deica!

colección 2015 deica

Nas seguintes entradas falaremos máis sobre cada unha. Desta vez están deseñadas a partir de varias temáticas:

-As mulleres loitadoras e traballadoras, como son a nosa querida Rosalía e a tódalas mulleres que saen adiante no día a día como Labrega e Mariscadora.

-A música, que non podía faltar na nova colección de deica! para amliar a nosa banda sonora con novas incorporacións como Sachadeira e Tamborileira.

-E a natureza, algo central na nosa identidade, con unha influencia transcendental no noso carácter e na nosa filosofía. Con Toxo, Carballeira e lique teremos o pracer de levala sempre con nos.

Publicado o

20% de desconto en varias das nosas pezas.

Estamos a traballar nos deseños da nova colección de deica!.

Con motivo do seu próximo lanzamento, a algunhas das ilustracións actuáis imos a dicirlle: deica logo!.
Para despedilas como merecen, podes atopar as pezas desas ilustracións con un 20% de desconto na nosa tenda online!.

“Beilladora”, “Mantón”, “Gaiteira” e “Estatua Rosalía”:

deicalogo beilladora

deicalogomanton

deicalogogaiteira

deicalogoestatuarosalia

Publicado o

A nova web de deica!

Comeza unha nova etapa en deica!

Agora sempre que queiras poderás utilizar a nosa páxina web, que conta con tenda online, para poder mercar os teus complementos ilustrados favoritos.

Na nova tenda poderás atopar de maneira moi sinxela as pezas, podendo buscar por ilustración ou por categoría. Tamén podes atopar o deica! que queiras no buscador da parte superior da páxina.

Contamos con dous xeitos de pago: Transferencia bancaria e PayPal.

Recorda que estamos lanzando a web e pode ser posible que atopes algún fallo de tipo ortográfico ou similar. Se das con algún e nolo comunicas a través do noso formulario de contacto estaremos moi agradecidas.

Disfruta da nova experiencia.

 

logo-deica-adaptado-cuadrado

Publicado o

1000 !

Hai un par de meses superamos os 1000 fans na nosa páxina de facebook. Para celebralo, fixemos un sorteo dundeica! KIT” Formado por:  un colgante + un par de pendientes+ unha lámina edición limitada asinada por Iria Ribadomar.
Grazas ás persoas que participaron, puidemos chegar a mais xente que aínda non coñecía o noso traballo, dándolle así a benvida a mais de 100 fans novos que se sumaron a apoiar o noso traballo.

A gañadora do Sorteo puido elixir unha de entre as ilustracións dispoñibles, e o seu premio xa está nas súas mans. 
A moza dos “brazos en xerra”
Publicado o

deica! creacións na tenda Cincelaser

Xa hai uns meses que a tenda de agasallos personalizados con láser Cincelaser apostou polas nosas creacións, nun primeiro momento coa nosa Colección 2013 e dende onte, tamén podedes encontrar Colección 2014, da que forma parte, entre outras ilustracións, o noso “Pulpo”.
Presentámosvos como quedaron colocados os deicas xa listos para que poidades pasar a visitalos na Rúa Manuel Quiroga 3 de Pontevedra (Na Zona Vella). 
Tamén podedes botar un ollo e reservalos dende a súa Tenda Online.



Publicado o

Sorteo Primeiro Aniversario

Temos sorteo ata o 20 de maio na nosa páxina do facebook.
O premio é o colgante mediano da foto, coa ilustración “pulpo”.
Para participar, hai que seguir 3 pasos.
1-darlle a “gústame” á nosa páxina de facebook.
2-Darlle “gústame” á imaxe do sorteo.
3-Compartir no propio muro de xeito PÚBLICO.
Listo! agora a esperar e ter sorte.


 Sorteo
Publicado o

Feira da Primavera do barrio de San Pedro

Voltamos a Festas Barrio de San Pedro – Santiago de Compostela
Logo de unha fin de semana de traballo na Feira da Aña Urbana da A.C Trepia ( e celebración do noso primeiro aniversario), comezamos o luns traballando para telo todo listo para o vindeiro sábado 3 de maio.
A foto é do noso paso pola Feira de Verán do Barrio do ano pasado.
Agardámosvos en Santiago de Compostela!