
A Asociación Cultural Trepia organiza este evento cada ano para por en valor e difundir as tradicións vencelladas ós traballos colectivos que se facían no rural polo mes de Abril. A música era un elemento fundamental, acompañando estas tarefas que reunían a varias familias para preparar as terras para a sementeira. Coplas e percusión das ferramentas de traballo dan forma á banda sonora da “Aña”. A “Sachadeira” da nosa nova colección, é unha pequena homenaxe a esas tradicións e ós colectivos que, como Trepia, traballan pola nosa cultura.