Lenzo “Estatua Rosalía”

38,00

Reproducción artística sobre lenzo asinada por Iria Ribadomar.
30x40cm
Marxe branco de 5cm para montaxe sobre bastidor.
Bastidor non incluido.
Envíase enrolada nun tubo (50×5,5cm de diámetro)

Descripción

Reproducción sobre lenzo coa ilustración “Estatua Rosalía de Castro” de Iria Ribadomar .

Rosalía merecía un retrato que fixera xustiza á muller vital, intelixente, valente e loitadora que percibimos nas súas obras. De forte personalidade e profunda sensibilidade, coñecedora da realidade de Galicia e activa fronte as inxustizas. Ela mestura con naturalidade a tradición e a vangarda nas súas obras e o seu pensamento segue hoxe a ser adiantado, por iso quixemos retratar unha Rosalía viva coa que poder seguir dialogando.

Impresión Giclée
Impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para a reproducción de obras de arte. Ponse especial atención á xestión da cor para acadar resultados fieis á obra de orixe, con tons intensos e estables ao longo do tempo.
Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.

Características do producto:
Lenzo Fine Art mistura de algodón/poliéster
ILDFORD
340g/m2
Superficie mate de trama lixeiramente texturada
Branco natural
Libre de ácidos e sen branqueadores ópticos