Descripción
Chaveiro feito a man con ilustración “Rosalía” de 18×25 mm, cadea grosa e anel para poñer as chaves.
Rosalía merecía un retrato que fixera xustiza á muller vital, intelixente, valente e loitadora que percibimos nas súas obras. De forte personalidade e profunda sensibilidade, coñecedora da realidade de Galicia e activa fronte as inxustizas. Ela mestura con naturalidade a tradición e a vangarda nas súas obras e o seu pensamento segue hoxe a ser adiantado, por iso quixemos retratar unha Rosalía viva coa que poder seguir dialogando.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alto gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
10 cm.
Tamaño total do colgante:
22×37 mm.
Tamaño da ilustración:
18×25 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.







Reseñas
Aínda non hai valoracións.