Coidados das pezas



Con estes simples coidados os teus “deicas!” poderán durar moito máis tempo en bo estado.




* MANTÉN AS TÚAS PEZAS PROTEXIDAS DA SUCIDADE. O po ambiental ensucíaas. Garda as túas pezas protexidas do aire libre e do po do ambiente.
* PROTEXE AS TÚAS PEZAS DA HUMIDADE: A humidade fai reacción en todos os metais, mesmo o ouro e a prata, só que algúns como o latón son máis sensibles. Non as molles, evita levalas en ambientes especialmente húmidos (a piscina, o ximnasio, a praia) ou gardalas no baño onde adoita haber moita condensación. Se ben as imaxes van debidamente protexidas con resina impermeabilizante, debes evitar mollalas. Se as mollas, poderían descolorarse e/ou desprenderse.
Evita botar produtos cosméticos sobre a peza.
Non as expoñas ao fontes de calor (por exemplo tomar o sol directo). A calor sobre o cristal provoca que a imaxe poida chegar a descolorarse co tempo e facilita que poida desprenderse.
* MANTÉN AS TÚAS DEICAS ORDENADAS. O rozamento entre pezas pode danar os cristais con rabuños. Garda todas as pezas separadas as unhas das outras para que non se enreden, cando o fan e intentamos desenredalas estiramos delas e as arandelas van cedendo ata que se abren, é entón cando perdemos o peche, algunha peza ou o colgante enteiro.
* LIMPA OS TEUS DEICAS DE CANDO EN VEZ. Un pano de algodón para eliminar o po e a graxa é suficiente.
*DURABILIDAD DO BAÑO
Hai outros factores que poden influír na durabilidade como o PH de pel. Co paso do tempo, pode ir perdendo a cor do baño, pero se segues os coidados recomendados, a túa peza durará o esperado para o seu tipo de metal e rematado.
*MATERIAL
En Deica Creacións utilizamos diversos materiais para compoñer as pezas: cristal, papel, tintas, metal, pedras, esmaltes téxtil coiro…
Todas as nosas pezas están libres de níquel e chumbo.