Descripción
Par de Pinzas para o cabelo feitas a man con ilustración “Lique” de 13×18 mm de diámetro.
A natureza é algo esencial da nosa identidade, sentímola como unha prolongación do noso corpo e por iso quixemos que tivera o seu lugar en deica!. O Lique é un termómetro do estado de saúde da natureza e Galicia esta chea deles. É un ingrediente inseparable da nosa arquitectura, sexa na pedra, na madeira, no formigón, no ladrillo ou na uralita… en pouco tempo entra en acción para dar cor e mimetizar as construccións coa paisaxe galega.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
13×18 mm.
Tamaño da Pinza:
14×64 mm
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.