Descripción
Par de Pinzas para o cabelo feitas a man con ilustración “Labrega” de 13×18 mm de diámetro.
Galicia é unha terra de mulleres loitadoras cun marcado sentido da dignidade. Traballan día a día superando, moitas veces soas, os obstáculos dun mundo que non está pensado para elas. A bata-mandil é para nos un símbolo vencellado a esas mulleres que son transmisoras dos saberes dunha cultura milenaria. Moitas veces invisibles máis nos as temos por imprescindibles. A Labrega, na terra, co capacho e o fouciño e unha das ilustracións coas que quixemos homenaxealas.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
13×18 mm.
Tamaño da Pinza:
14×64 mm
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.
Reseñas
Aínda non hai valoracións.