Broche ovalado grande “Mariscadora”

18,00

Broche ovalado grande
Ilustración 30×40

Descripción

Broche ovalado feito a man con ilustración “Mariscadora” de 30×40 mm de diámetro.

Galicia é unha terra de mulleres loitadoras cun marcado sentido da dignidade. Traballan día a día superando, moitas veces soas, os obstáculos dun mundo que non está pensado para elas. A bata-mandil é para nos un símbolo vencellado a esas mulleres que son transmisoras dos saberes dunha cultura milenaria. Moitas veces invisibles máis nos as temos por imprescindibles. A Mariscadora, no mar, e unha das ilustracións coas que quixemos homenaxealas.

Peche de alfiler fino, ideal para poñer en camisetas, blusas, abrigos, etc
A base e o peche do pin están feitos dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.

Tamaño total do broche:
30×40 mm.
Tamaño da ilustración:
30×40 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.


Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Broche ovalado grande “Mariscadora””

O teu enderezo electrónico non se publicará