Publicado o

deica! creacións na tenda Cincelaser

Xa hai uns meses que a tenda de agasallos personalizados con láser Cincelaser apostou polas nosas creacións, nun primeiro momento coa nosa Colección 2013 e dende onte, tamén podedes encontrar Colección 2014, da que forma parte, entre outras ilustracións, o noso “Pulpo”.
Presentámosvos como quedaron colocados os deicas xa listos para que poidades pasar a visitalos na Rúa Manuel Quiroga 3 de Pontevedra (Na Zona Vella). 
Tamén podedes botar un ollo e reservalos dende a súa Tenda Online.