Publicado o

Mercado da Estrela Compostela

O fin de semana do 14 e 15 de decembro, deica! estivo no Mercado da Estrela de Santiago de Compostela. 
O sitio adxudicado pola organización para o noso stand foi o  espazo do Claustro do Museo do Pobo Galego, un entorno privilexiado e de gran beleza para achegar as nosas creacións ás visitas.



A estrutura do stand é facilitada pola organización e consistiu nunha estantería estilo “casiña” máis unha mesa con mantel e coroa de nadal.

Con ese punto de partida, o deseño e a colocación do produto correu pola nosa conta, conseguindo trasladar a nosa imaxe e concepto de marca.

O resultado podedes velo nas fotos.


                                   
Foi Unha semana de traballo intensivo que valeu a pena, xa que o resultado non 
puido ser mellor, e a experiencia, un éxito:  polas visitas, polos compañeiros creadores, polas conversas…e por todos aqueles que se achegaron a dicirnos que gustaban moito do que facemos.
Dende deica! queremos darvos as gracias a aquelas persoas que agasallarán nosas creacións nestas datas.
deica logo!




Publicado o

XIII Alcuentru de Pandeireta Galega ya Asturiana


deica! estivo esta fin de semana no XIII Alcuentru de pandeireta Galega ya Asturiana, onde tivo unha moi boa acollida.


O encontro lévase a cabo dende hai trece anos, este ano tocaba facelo en Asturias, e a cita foi en Villanueva de Santu Adrianu, no albergue “El Sabil”, nun ámbito de gran beleza natural, en plena senda do Oso. 

Alí puidemos participar  dunha cea-confraternización e concertos: As Tanxedoras, dende Vigo , e as Alumn@s de A.C. da E.M.T de Cangas de Narcea.
Como non ía ser doutro xeito, logo dos concertos… ¡Festa Rachada!

De camiño aproveitamos para  pasear por pobos da fermosa terra Asturiana, facendo unha parada en Cudillero.


Gracias a tod@s @s que se achegaron a coñecer o noso traballo durante a festa, á organización do evento,  e á aquelas persoas que levaron as nosas creacións postas. 

Fíxonos moita ilusión que deica! chegue a Asturias!

Publicado o

Feira nas festas do Barrio San Pedro

Este sábado 29 a partir das 10 estaremos na Feira de Verán en plena festa do Barrio de San Pedro, en Compostela. Mais precisamente, poderás atoparnos na rúa Concheiros.
Haberá moitas actividades durante todo o día, concertos, pasarúas, animación e festa! Agardámolos con novidades! 


Programa na páxina das Festas do Barrio de San Pedro http://fbsp.info/
Publicado o

Sorteo no facebook

Sorteo máis de 300 seguidores en deica! 

O premio será o da foto: conxunto de colgante e pendentes ilustrados motivo “beilladora”.


Queremos premiar os nosos seguidores e clientes e conseguir que mais persoas coñezan as nosas creacións; por iso decidimos organizar un sorteo para todo o mundo e conseguir superar os 300 seguidores.

Para participar hai que seguir unha serie de pasos moi sinxelos na páxina https://www.facebook.com/deica.creacions
Non volo perdades! PARTICIPA!! :))) MOITA SORTE!!