deica! Creacións é un proxecto creativo inspirado na cultura galega. Complementos ilustrados baseados na tradición e no carácter do pais co obxectivo de favorecer a difusión da nosa identidade.

Con cada nova colección a iconografía de deica! vaise multiplicando. Ilustracións creadas por Iria Ribadomar, que se convirten en colgantes, broches, pendentes, aneis e pulseiras para levar sempre un anaco do noso vaias onde vaias. E outros formatos como láminas ou lenzos, bandeiras e libros para colorear.

Dende o 2013 o proxecto foi medrando, collendo forma e atopando o seu espazo tanto nas principais romarías e feiras artesanais da nosa xeografía, coma nos puntos de venda que actualmente ofrecen as pezas de deica! nas provincia de Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense. Tamén nas redes sociais, a familia vai medrando e xerando unha ampla comunidade coa que estar en contacto e compartir o día a día.

Neste espazo de deica! na rede poderedes achegarvos de maneira máis sinxela as nosas creacións. Coas vantaxes da tecnoloxía, o agarimo do trato persoal, e o encanto das cousas feitas a man e a pequena escala.

deica! Creacións. Mesturando Galicia, ilustración e deseño.