Mans Pandeireta Láminas

10,0020,00

Reproduccións artísticas asinadas a man.

Tamaños:
Pequenas – 15x20cm – 10€
Grandes – A4(21×29,7cm) – 20€
Dispoñible tamén en lenzo (30x40cm)

Descripción

Colección “Mans Pandeireta”
Unha das primeiras ilustracións coas que botou a andar Deica Creacións alá polo 2013. Ese xesto característico da pandereteira que, entre peza e peza, sostén a pandeireta entre as mans á espera de comezar de novo a bater ás ferreñas!. Máns Pandeireta forma parte das coleccións de deica en homenaxe á música tradicional galega xunto a Pandereteira, Gaiteira, Beilladora, Tamborileira, Sachadeira, Acordeonista, Furancho  ou Pés Galega e Pés Galego.

Características:
Láminas impresas sobre papel 100% algodón libre de ácidos | 240g/m2 | Mate | Branco natural | Superficie de textura suave.
Medidas estándar – Sen marxes, cortadas á sangue

A Impresión Giclée é un tipo de impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para obras de arte. Con especial atención á xestión da cor, mantendo a fidelidade coa obra de orixe e acadando tons intensos e estables ao longo do tempo. Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.

Envíos:
As Láminas envíanse protexidas con cartón en sobre de burbullas.

Tamén che recomendamos…