LAM-R 14

Lámina Círculo “Rosalía de Castro”

15,00

Reproducción artística asinada por Iria Ribadomar.
Tamaño: 13cm de diámetro
(dimensions exteriores 17x17cm)
Marco non incluído.
Envíase protexido con cartón en sobre de burbullas.

Descripción

Reproducción sobre papel coa ilustración “Rosalía” de Iria Ribadomar .

Rosalía merecía un retrato que fixera xustiza á muller vital, intelixente, valente e loitadora que percibimos nas súas obras. De forte personalidade e profunda sensibilidade, coñecedora da realidade de Galicia e activa fronte as inxustizas. Ela mestura con naturalidade a tradición e a vangarda nas súas obras e o seu pensamento segue hoxe a ser adiantado, por iso quixemos retratar unha Rosalía viva coa que poder seguir dialogando.

Impresión Giclée
Impresión artística de alta definición mediante inxección de tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papeis e lenzos especiais para a reproducción de obras de arte. Ponse especial atención á xestión da cor para acadar resultados fieis á obra de orixe, con tons intensos e estables ao longo do tempo.
Polas características do proceso e dos materiais utilizados acádanse obras de longa duración cun excelente comportamento ao paso dos anos.

Papel Fine Art HP de fibra de madeira (270g/m2)
Superficie mate moi lisa, branco natural.
Base de fibra de madeira e superficie de polietileno.
Libre de ácidos