deica0120

Colgante grande “Carballeira”

18,00

Colgante ovalado grande
Ilustración 30x40mm
Cadea larga

Descripción

Colgante ovalado grande feito a man con ilustración “Carballeira” de 30×40 mm de diámetro.

A natureza é algo esencial da nosa identidade, sentímola como unha prolongación do noso corpo e por iso quixemos que tivera o seu lugar en deica!. Un paseo por unha Carballeira é unha mostra de escultura expresionista, unha revolta de formas debuxadas no ceo. A carballeira é moito máis que un conxunto de arbores, é un ecosistema equilibrado e sostible, un fogar. É un escenario ideal para as festas e as romarías, un escenario para a vida.

Peche de mosquetón e cadea longa.

A base do colgante e a cadea están feitos dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo.

A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.

Longo total da Cadea:
75 cm.
Tamaño total do colgante:
32×50 mm.
Tamaño da ilustración:
30×40 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.


Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas

Reviews

Aínda non hai comentarios.

Be the first to review “Colgante grande “Carballeira””

O teu enderezo electrónico non se publicará