deicaBP14

Broches pelo “Rosalía de Castro”

12,00

Broches pelo ovalados
Ilustración: 13×18 mm.
Tamaño pinza: 14×64 mm.

Descripción

Par de Pinzas para o cabelo feitas a man con ilustración “Rosalía” de 13×18 mm de diámetro.

Rosalía merecía un retrato que fixera xustiza á muller vital, intelixente, valente e loitadora que percibimos nas súas obras. De forte personalidade e profunda sensibilidade, coñecedora da realidade de Galicia e activa fronte as inxustizas. Ela mestura con naturalidade a tradición e a vangarda nas súas obras e o seu pensamento segue hoxe a ser adiantado, por iso quixemos retratar unha Rosalía viva coa que poder seguir dialogando.

As pinzas do pelo están feitos dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.

Tamaño da ilustración:
13×18 mm.
Tamaño da Pinza:
14×64 mm
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.


Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas

Reviews

Aínda non hai comentarios.

Be the first to review “Broches pelo “Rosalía de Castro””

O teu enderezo electrónico non se publicará