deica0714

Anel ovalado “Rosalía de Castro”

14,00

Anel ovalado
Ilustración 18x25mm
Axustable

Descripción

Anel Ovalado feito a man con ilustración “Rosalía” de 18×25 mm de diámetro, adaptable a diferentes tallas.

Rosalía merecía un retrato que fixera xustiza á muller vital, intelixente, valente e loitadora que percibimos nas súas obras. De forte personalidade e profunda sensibilidade, coñecedora da realidade de Galicia e activa fronte as inxustizas. Ela mestura con naturalidade a tradición e a vangarda nas súas obras e o seu pensamento segue hoxe a ser adiantado, por iso quixemos retratar unha Rosalía viva coa que poder seguir dialogando.

A base do anel está feita dunha aliaxe de metais hipoalerxénica con baño en cor bronce antiga, libre de níquel e libre de chumbo.
A ilustración está impresa con tintas pigmentadas ecolóxicas sobre papel litográfico de alta gramaxe con especial atención á xestión dá cor e á durabilidade. Adhírese a un capuchón de cristal con efecto lupa, que cumpre a dobre función de protexer e resaltar o debuxo, para logo ser engarzado na base metálica. Utilizamos adhesivos e resinas non tóxicas.
Tamaño do anel:
Axustable.
Tamaño da ilustración:
18×25 mm.
Material da base:
aliaxe de metais hipoalerxénica.
Cor da base:
bronce antiga.
Material da ilustración:
tintas pigmentadas/papel litográfico.
Cabuchón:
cristal efecto lupa.

Os produtos de deica son artesanais, poden sufrir pequenas variacións nalgún dos seus compoñentes.Para unha información detallada sobre como coidar as túas pezas e conservalas por moito tempo en bo estado podes consultar as nosas recomendacións facendo click na seguente ligazón: Coidado das pezas

Reviews

Aínda non hai comentarios.

Be the first to review “Anel ovalado “Rosalía de Castro””

O teu enderezo electrónico non se publicará