Publicado o

A nova web de deica!

Comeza unha nova etapa en deica!

Agora sempre que queiras poderás utilizar a nosa páxina web, que conta con tenda online, para poder mercar os teus complementos ilustrados favoritos.

Na nova tenda poderás atopar de maneira moi sinxela as pezas, podendo buscar por ilustración ou por categoría. Tamén podes atopar o deica! que queiras no buscador da parte superior da páxina.

Contamos con dous xeitos de pago: Transferencia bancaria e PayPal.

Recorda que estamos lanzando a web e pode ser posible que atopes algún fallo de tipo ortográfico ou similar. Se das con algún e nolo comunicas a través do noso formulario de contacto estaremos moi agradecidas.

Disfruta da nova experiencia.

 

logo-deica-adaptado-cuadrado